CHEGARON DOUS NOVOS DESCENDENTES TOBIO: ROI E MENCIA

Un neniño e unha neniña veñen a incrementar a descendencia dos Tobío !!!!

Neste mes de marzo 2019, naceron Roi Vilas García e Mencía Rived García.

A nai e pai de Roi, que naceu en Santiago, son Noela Vilas García e Roi García Megias.

A nai e pai de Mencía, que naceu en Vigo, son Helena García de Llano e Borja Rived Ron.

PARABENS AS NAIS, PAIS, AVOS, TIOS, PRIMOS, …

Roi Vilas GarcíaMencía Rived García

Roi Vilas García                      Mencía Rived García

GRAN TOBIADA 2018

O pasado 14 de xullo, tivo lugar a VI GRAN TOBIADA en Teo (O Son do Miño), o pe do Pico Sacro, ao que o noso avó Lois Tobío Campos adicou algunhas das suas poesías.

Foi unha xornada de ledicia na que reunímonos 31 Tobíos para charlar e disfrutar da gran familia. Iste ano tivemos unha boa participación de nenas/os e xuntamonos Tobíos procedentes de Bos Aires, Madrid, Lisboa, Ourense, Sanxenxo, Pontevedra, Vigo, Lugo, Santiago.

Lois Tobío Galeguista, tradutor e xornalista

XORNADA

Lois Tobío Galeguista, tradutor e xornalista

Teatro Pastor Díaz. Viveiro

Sábado, 26 de maio de 2018

PROGRAMA

Lois Tobío (Viveiro, 1906-Madrid, 2003) foi un intelectual que desenvolveu ao longo da súa vida as facetas de diplomático, investigador, profesor, xornalista e tradutor. Foi un dos promotores do Seminario de Estudos Galegos cando era un estudante de Dereito en Santiago de Compostela. Estudou Ciencias Políticas no Berlín de entreguerras. Foi un dos redactores do anteproxecto do primeiro Estatuto de autonomía en 1931 e elaborou, con Castelao, a declaración programática do Partido Galeguista. Está considerado un piar fundamental na construción política e xurídica do nacionalismo galego.

Sigue leyendo

Rebeca Fernandez fixo o Camiño Portugues

 A nosa prima Rebeca Fernández, xunto ao seu home Mark, fixeron o Camiño de Santiago dende Tui e chegaron a Santiago o 1 de xuño deste ano. Grazas a isto, poidémonos xuntar e coñecernos persoalmente, xa que ata enton coñecíamonos mediante internet. GRAZAS REBECA E MARK, pola visita. Estivemos encantados compartindo unhas horas con vos.

Para os Tobios mais novos, Rebeca é neta de Xuxo Fernández González, hirmao da nosa avoa Mélida Fernández González.

PICO SACRO. Ferido polo lóstrego e a lenda

O luns 1 de maio de 2017, ten lugar na Feira do libro, na Alameda de Santiago de Compostela, a presentación do libro «PICO SACRO. Ferido polo lóstrego e a lenda», da editorial Alvarellos. Ao coidado desta edición estiveron Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, que puxeronse en contacto con nos para autorizalos a publicar neste libro duas poesías do noso avó Lois Tobío Campos, que fan referencia ao Pico Sacro.

O noso agradecemento e felicitación a Miro e Xosé Manuel polo magnifico traballo feito, que recolle escritos sobre o Pico dende 1862.